Nace en Ourense en decembro de 1951. En 1973 trasládase a Madrid a estudar cinema. Iníciase como guionista, director ou axudante de dirección en diversas curtametraxes. En formato profesional dirixe as curtas: "A filla do anarquista" (1980) e “Canción de berce” (1990). A súa primeira longametraxe asínaa en 1992, "Luz negra. En 1994 funda na Coruña xunto con Manane Rodríguez e Luís Fernández a produtora Xamalú Filmes. En 1997 realiza “Nena”. En 2004 gana con "León e Olvido" o premio ao Mellor Director no festival de Karlovy Vary. Alterna os seus traballos como director cos de guionista e produtor e profesor de guión durante os últimos 25 anos. En 2007 dirixe “Rafael”. A última película que dirixiu ata agora é Ou ouro do tempo. Coas sus películas como director suma 15 premios internacionais e o Especial do Xurado de Málaga. Na actualidade está a preparar a segunda parte de "León e Olvido" (“Olvido e León”) que coproducirán Xamalú Filmes e Digital Cine Media e rematando a montaxe do documental para Tv “O soño de papá”.
Dirección | Xavier Bermúdez |
Produción Executiva | Manane Rodríguez |
25/10/2018
Para entrar ao recinto hai que ter invitación. Hai un límite de 300 persoas que, de ningún modo, se poderá exceder.
As invitacións pódense solicitar en ma@xamalufilmes.com ou a través de Whatsapp ou Messenger no teléfono 638 167 202. Outorgaranse por estrita orde de solicitude.
Esta estrea conta co apoio do Concello de Arteixo e da Deputación da Coruña.
24/10/2018
O vindeiro xoves día 8 de novembro, ás 20:00 horas, estréase no Centro Cívico Cultural de Arteixo O SOÑO DE PAPÁ. Documental dirixido por Xavier Bermúdez e producido por Xamalú Filmes co apoio de Agadic e coa participación da Televisión de Galicia.
O SOÑO DE PAPÁ é unha reflexión colectiva sobre a situación do fútbol base entre nós, sobre as ilusións de éxito profesional de pais e rapaces, sobre a realidade das dificultades para lograr ese éxito pero, sobre todo, sobre o esforzo e entusiasmo cotiáns que todos os implicados, pais, nenos, nenas, directivos e técnicos realizan sen desmaio, sen a seguridade doutro premio que o do propio esforzo e o do gozar e formación que, día a día, se van logrando.
Esta estrea conta co apoio do Concello de Arteixo e da Deputación da Coruña.
28/05/2018
Hai algunhas semanas que empezamos con lle edición coa participación do director, da editora Vanessa García Sampedro e da estudante en prácticas Sarayd Ramil.
É unha etapa da realización moi importante e que leva moita dedicación. Estamos a traballar no primeiro corte e nun pequeno avance para que poidan ver.
¡Pronto poderán ver o noso TEASER!
23/02/2018
A pasada gala dos Premios Goya viuse invadida por abanicos vermellos como iniciativa da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais para reclamar por unha maior participación das mulleres no mundo do cinema. Os abanicos vestíronos tanto mulleres como homes, que segundo as precursoras da iniciativa, "deben estar presentes".
"Por favor, máis mulleres facendo cinema", pediu a cineasta Carla Simó logo de recibir o Goya á mellor dirección novel pola súa película "Verán 1993".
Desde Xamalú Filmes sumámonos ao pedido e tinguimos a rodaxe do O Soño de Papá de vermello con estes abanicos reivindicativos, que avogan por unha maior igualdade de participación entre homes e mulleres no mundo audiovisual.
Saímos de novo a rodar despois un tempo sen facelo. O clima non colabora moito xa que este inverno vén sendo duro para Galicia pero nada nos detén e moito menos aos nenos futbolistas.
Xa case estamos a terminar de filmar e nunhas semanas comezaremos coa edición do documental.
Manterémolos informados de todos os avances.